para a infancia, adolescentes e familias
Somos unha asociación sen ánimo de lucro que busca contribuir a crear unha sociedade máis inclusiva e respectuosa cara as neurodiverxencias, a infancia e a xuventude, proporcionando espazos onde modelar o cambio a través dos valores que nos representan.
A nosa visión e valores
Desde ÁGAPE (Asociación Galega de Acompañamento Persoal e Educativo) pretendemos crear espazos que buscan o benestar integral da infancia, da xuventude e das súas familias, e promover o autocoñecemento, a tolerancia, o respecto e a inclusión.
Cremos que tódalas persoas deben ter ao alcance espazos nos que poder desenvolver plenamente as suás capacidades e fortalezas, sendo acompañadas e asesoradas da mellor maneira no proceso.
Os nosos proxectos e actividades
Descobre máis sobre o que facemos, tanto semanalmente coma de forma máis puntual ou baixo demanda. O que nos move é intentar cubrir as necesidades reais dos nenos e nenas, dos adolescentes e das súas familias.
Únete e colabora
Axúdanos a seguir axudando.
Ou podes axudarnos doutras formas:
➡️ Patrocinar un evento organizado por nós
➡️ Organizar un evento solidario ó noso favor
➡️ Difundir o noso contido entre a veciñanza e en redes
➡️ Mercar ou doar na nosa Tenda Solidaria
GUSTARÍACHE SABER MÁIS?
Contacta con nós
📍 O noso ámbito de actuación é a comarca do Barbanza e arredores.
Escoitámoste!
Podes escribirnos ao 602 44 21 55
Non te perdas nada en ÁGAPE
Tamén podes atoparnos aquí